Vigo organizará en 2028 el V Congreso Internacional Julio Verne

 La Sociedad Jules Verne de Vigo ( SJVV) organizará en 2028 el V Congreso Internacional Julio Verne. 

 La Sociedad Jules Verne de Vigo ( SJVV) organizará en 2028 el V Congreso Internacional Julio Verne, que coincidirá con el bicentenario del nacimiento del escritor. Uno de los miembros de la sociedad verniana viguesa, Ramón Suárez, realizará para el congreso un Nautilus virtual.

nota de prensa La Voz de Galicia 2021-12-15

Vigo acogerá en el 2028 un congreso internacional sobre Julio Verne

Expertos de todo el mundo se reunirán en la ciudad olívica coincidiendo con el bicentenario del escritor de Nantes.

Vigo organizará en el año 2028 el V Congreso Internacional Julio Verne, que coincidirá con el bicentenario del nacimiento del escritor. La decisión fue anunciada por la Sociedad Hispánica Jules Verne ( SHJV), organización internacional que reúne a expertos de más de una veintena de países relacionados con el autor francés y que convocó los tres primeros congresos internacionales en Barcelona (2013), La Habana (Cuba, 2017) y el último, este pasado mes de noviembre, en Palma de Mallorca, en el que participaron varios miembros de la Sociedad Jules Verne de Vigo ( SJVV). La organización del congreso se hará conjuntamente con el trabajo tanto de la SHJV cómo de la SJVV, que comparten a algunos de sus socios.

Ahora, la directiva de la SHJV anuncia los congresos para las dos próximas ediciones, cumpliendo la alternancia de celebración de estos encuentros internacionales en América y Europa. De esta forma, Colombia será la sede del próximo congreso de 2024, que se repartirá entre las ciudades de Bogotá y Cartagena de Indias.

Dos razones explican la elección de Vigo, según señalan desde la asociación viguesa. Por un lado, la propia existencia de la Sociedad Jules Verne de Vigo, asociación cultural que cuenta con una veintena de socios relacionados con el mundo de la ciencia, la educación, la universidad, la edición y la cultura. Por otro lado, en el éxito de la candidatura fue decisiva la estrecha relación entre Jules Verne y Vigo, puesta de relieve en los últimos años por la SJVV. Verne visitó Vigo en dos ocasiones, en 1878 y 1884, en dos estancias de varios días en las que llegó a bordo de su lujoso yate el Saint Michel III. Además, el escritor hizo a la ría de Vigo protagonista de una de sus más importantes novelas, todo un clásico reconocido mundialmente como es 20.000 leguas de viaje submarino. En esta novela, dedica todo un capítulo, titulado La bahía de Vigo, a la batalla de Rande de 1702 y al rescate de sus tesoros por el capitán Nemo a bordo del submarino Nautilus.

Uno de los miembros de la sociedad verniana viguesa, Ramón Suárez, realizará para el congreso un Nautilus virtual.

A SHJV designa a Vigo sede do V Congreso Internacional Jules Verne 2028. 

Será no ano do Bicentenario, e Vigo recollerá a testemuña do cuarto congreso mundial que se celebrará en Bogotá e Cartaxena de Indias en 2024

 

nota de prensa web SJVV 2021-12-14

Vigo organizará no ano 2028 o V Congreso Internacional Jules Verne, que coincidirá co Bicentenario do escritor e que recollerá a testemuña do cuarto congreso, que se celebrará en 2024 en Bogotá e Cartaxena de Indias, en Colombia.

A decisión foi anunciada esta fin de semana pola Sociedade Hispánica Jules Verne (SHJV), organización internacional que reúne a expertos de máis dunha vintena de países relacionados co autor francés e que convocou os tres primeiros congresos internacionais en Barcelona (2013), A Habana (Cuba, 2017) e o último este pasado mes de novembro de 2021 en Palma de Mallorca, no que participaron varios membros da Sociedade Jules Verne de Vigo ( SJVV), asociación cultural fundada en 2012 e cuxo labor é divulgar a estreita relación entre o escritor e a cidade olívica. A organización do congreso farase conxuntamente co traballo tanto da SHJV como da SJVV, que comparten a algúns dos seus socios.

Agora, a directiva da SHJV vén de anunciar os congresos para as dúas próximas edicións, cumprindo a alternancia de celebrar estes encontros internacionais en América e Europa. Desta forma, Colombia será a sede do próximo congreso de 2024, que se repartirá entre as cidades de Bogotá e Cartaxena de Indias.

“Apenas un mes después de la finalización del III Congreso Internacional Verniano, celebrado en el pasado mes de noviembre en Palma de Mallorca, España, la Sociedad Hispánica Jules Verne trae hoy dos buenas noticias a compartir con sus seguidores: hemos seleccionado las sedes de los próximos Congresos”, explicou a Sociedad Hispánica nun comunicado: “El IV Congreso Verniano se celebrará en 2024 en América, en Colombia, con un nuevo formato y en dos ciudades: Bogotá y Cartagena. El V Congreso, para marcar el 200 aniversario del nacimiento de Jules Verne en 2028, regresa a Europa y se celebrará en la ciudad de Vigo, en España”.

Dúas razóns apuntan a que Vigo fose elixida como sede para a cita mundial máis importante nos estudos do universo Verne, un autor que segue vixente cando están a piques de cumprirse dous séculos do seu nacemento en Nantes en 1828. Dunha parte, a propia existencia da Sociedade Jules Verne de Vigo, asociación cultural que conta cunha vintena de socios e socias relacionadas co mundo da ciencia, a educación, a universidade, a edición ou a cultura. Doutra banda, no éxito da candidatura foi decisiva a estreita relación entre Jules Verne e Vigo, posta de relevo nos últimos anos pola SJVV. Verne visitou Vigo en dúas ocasións, en 1878 e 1884, en dúas estancias de varios días nas que chegou a bordo do seu luxoso iate o ‘Saint Michel III’. Ademais, o escritor fixo á ría de Vigo protagonista dunha das súas máis importantes novelas, todo un clásico recoñecido mundialmente como é ’20.000 leguas baixo dos mares’. Nesta novela dedica todo un capítulo titulado ‘A baía de Vigo’ á batalla de Rande de 1702 e ao rescate dos seus tesouros polo capitán Nemo a bordo do submarino Nautilus.

O V Congreso Internacional Jules Verne reunirá, como vén sendo habitual nas tres edicións anteriores celebradas, a expertos mundiais na figura do escritor francés, coa presentación de novos estudos sobre a súa obra e legado. No último congreso, celebrado hai un mes en Palma de Mallorca, participaron estudosos de Canadá, Colombia, Estados Unidos, Francia, Noruega, Alemaña, Italia, Perú, Arxentina, Croacia e España. Ademais, desde Vigo presentáronse dúas comunicacións, a cargo de dous socios da SJVV: o xornalista Eduardo Rolland presentou o estudo ‘Jules Verne século XXI: cartografía da súa popularidade’, sobre o impacto que o autor segue tendo na cultura, con adaptacións ao cinema, series, videoxogos ou literatura. O catedrático da Universidade de Vigo Jesús Souza Troncoso presentou en Mallorca outro relatorio titulado ‘A ictiofauna de 20.000 leguas’, na que analizou a fauna mariña que aparece na novela. Tamén asistiu ao congreso de Palma a profesora Stella Maris González Valbuena, tamén socia da Sociedade Jules Verne de Vigo.

Que Vigo fose escollida sede desta cita mundial supón un orgullo á vez que un reto para a Sociedade Jules Verne de Vigo, que comeza xa a traballar para que a cita de 2028 está ao máximo nivel internacional, nun ano ademais tan emblemático como o do bicentenario de Verne, o que dará aínda máis relevo a este evento. Traballaremos man a man coa Sociedade Hispánica Jules Verne, que distinguiu á cidade con esta elección ante a que expresamos o noso agradecemento.

A Sociedade Jules Verne de Vigo foi fundada no ano 2012 e está inscrita no rexistro de asociacións culturais da Xunta de Galicia e do Concello de Vigo. Entre as súas actividades, está a organización todos os anos, en torno ao 18 de febreiro, da celebración da entrada do submarino Nautilus na ría de Vigo, unha efeméride literaria que coincide con esa data. Tamén organizamos o Día de Ler a Verne, con lecturas que en anos diversos realizáronse en centros educativos como colexios e institutos ou a Biblioteca Neira Vilas.

Ademais, a SJVV contribúe editorialmente á difusión da relación entre Verne e Galicia. Así, este ano 2021 presentou a primeira versión en galego da obra ‘Doutor Ox’, con tradución da filóloga Tamara Aymerich e editada por Edicións Paganel a iniciativa da SHJV. Ademais, no ano 2019, editamos en versión facsímile o capítulo ‘A baía de Vigo’ da novela ’20.000 leguas de viaxe submarina’, cando se cumprían 150 anos da súa publicación orixinal en Francia no ‘ Magasin d’Éducation et de Récréation’.

Ademais, membros da Sociedade Jules Verne de Vigo participamos nos tres primeiros congresos internacionais, presentando comunicacións en Barcelona (2013), A Habana (2017) e Palma de Mallorca (2021).

Por outra banda, a SJVV xa organizou en 2017 un Encontro Internacional ‘De Verne a Vigo’, que reuniu na cidade a destacados expertos mundiais como o italiano Piero Gondolo della Riva. Así mesmo, a sociedade colaborou co Concello de Vigo e o museo Marco de Vigo na Exposición ‘Verne:os límites da imaxinación’, na que, xunto coa concellería de Cultura, conseguimos traer á cidade a un biznieto de Verne, o escritor e xornalista marsellés Jean Michel Verne.A intensa actividade da Sociedade Jules Verne de Vigo pode seguirse a través do seu portal web (www.vigoverne.com) , onde ademais os seus membros publican recensiones e artigos sobre a obra e a actualidade relacionada co novelista e onde está ao dispor do público material diverso, tamén dispoñible para centros educativos. Así mesmo, colaboramos con diversos medios de comunicación para promocionar a relación entre Verne e Vigo, que consideramos unha imaxe de marca moi importantes, produto do cal se realizaron nos últimos anos reportaxes documentais sobre este tema en canles tanto estatais como internacionais, como o franco-alemán ARTE.

 

Lectura de ‘A baía de Vigo’ ante o monumento a Verne  2023-02-18

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presidiu o acto organizado pola nosa Sociedade Jules Verne de Vigo

Unha gran xornada de homenaxe a Jules Verne e á súa relación con Vigo. Coa participación do alcalde de Vigo, Abel Caballero, e da concelleira de Normalización Lingüística, Uxía Blanco, a nosa Sociedade Jules Verne de Vigo celebrou este sábado 25 de febreiro de 2023 o 155 aniversario da efeméride literaria da entrada do submarino Nautilus do capitán Nemo en 1868 na ría de Vigo, segundo o capítulo ‘A baía de Vigo’ da novela ’20.000 leguas baixo dos mares’. Foi todo un éxito a xornada de lectura pública do capítulo ante o monumento ao escritor no Náutico.

O acto comezou ante o monumento da Jules Verne no paseo das Avenidas de Vigo, diante do Real Club Náutico, pasadas as 12.30 horas, e ademais dos socios da SJJV, participaron outros moitos cidadáns que quixeron participar na xornada festiva, onde lembramos as inesquecibles verbas do capitán Nemo: «Neste intre atopámonos na mesma baía de Vigo e só de vostede depende descobrir os seus segredos».

A Sociedade Jules Verne de Vigo é unha asociación cultural, inscrita no Rexistro do Concello de Vigo e da Xunta de Galicia, fundada no ano 2012 e que ten por obxectivo reivindicar a estreita relación entre o escritor nantés e a cidade de Vigo, evidenciada no propio capítulo ‘A baía de Vigo’ de 20.000 leguas baixo dos mares, como tamén nas dúas visitas que o autor cursou á cidade olívica nos anos 1878 e 1884, nas que pasou varios días para se converter ‘nun vigués máis’.

Entre as actividades da SJVV está a organización deste acto, diversos encontros e foros celebrados ou a publicación de obras divulgativas ou traducións ao galego de traballos de Verne. Podes consultar a actividade da Sociedade Jules Verne de Vigo na súa páxina web: www.vigoverne.com

Ademais, Vigo organizará no ano 2028 o V Congreso Internacional Jules Verne, que coincidirá co Bicentenario do escritor e que recollerá a testemuña do cuarto congreso, que se celebrará en 2024 en Cartaxena de Indias, en Colombia.

A decisión foi anunciada pola Sociedade Hispánica Jules Verne (SHJV), organización internacional que reúne a expertos de máis dunha vintena de países relacionados co autor francés e que convocou os tres primeiros congresos internacionais en Barcelona (2013), A Habana (Cuba, 2017) e o último en 2021 en Palma de Mallorca, no que participaron varios membros da Sociedade Jules Verne de Vigo (SJVV). A organización do congreso farase conxuntamente co traballo tanto da SHJV como da SJVV, que comparten a algúns dos seus socios.

“El V Congreso, para marcar el 200 aniversario del nacimiento de Jules Verne en 2028, regresa a Europa y se celebrará en la ciudad de Vigo, en España”, explicou no seu anuncio a SHJV.

Dúas razóns apuntan a que Vigo fose elixida como sede para a cita mundial máis importante nos estudos do universo Verne, un autor que segue vixente cando están a piques de cumprirse dous séculos do seu nacemento en Nantes en 1828. Dunha parte, a propia existencia da Sociedade Jules Verne de Vigo, asociación cultural que conta cunha vintena de socios e socias relacionadas co mundo da ciencia, a educación, a universidade, a edición ou a cultura. Doutra banda, no éxito da candidatura foi decisiva a estreita relación entre Jules Verne e Vigo, posta de relevo nos últimos anos pola SJVV. Verne visitou Vigo en dúas ocasións, en 1878 e 1884, en dúas estancias de varios días nas que chegou a bordo do seu luxoso iate o ‘Saint Michel III’. Ademais, o escritor fixo á ría de Vigo protagonista dunha das súas máis importantes novelas, todo un clásico recoñecido mundialmente como é ’20.000 leguas baixo dos mares’. Nesta novela dedica todo un capítulo titulado ‘A baía de Vigo’ á batalla de Rande de 1702 e ao rescate dos seus tesouros polo capitán Nemo a bordo do submarino Nautilus.O V Congreso Internacional Jules Verne reunirá, como vén sendo habitual nas tres edicións anteriores celebradas, a expertos mundiais na figura do escritor francés, coa presentación de novos estudos sobre a súa obra e legado. No último congreso, celebrado en Palma de Mallorca, participaron estudosos de Canadá, Colombia, Estados

Unidos, Francia, Noruega, Alemaña, Italia, Perú, Arxentina, Croacia e España. A Sociedade Jules Verne de Vigo xa está a traballar para que este vindeiro Congreso Internacional sexa todo un éxito, nunha data tan emblemática como é a do bicentenario do escritor.

.

Unha viaxe extraordinaria ao metaverso inmersivo de Verne :

https://vigoverne.com/2025/02/11/unha-viaxe-extraordinaria-ao-metaverso-inmersivo-de-verne/

O noso socio e intrépido aventureiro cibernético, o profesor @RamonSuarez_, desprazouse a Barcelona para explorar a exposición inmersiva e interactiva JULES VERNE 200, e nos envía esta apaixonante crónica:

Segundo a organización, JULES VERNE 200 é a primeira produción de experiencia inmersiva en gran formato sobre literatura e ciencia, estreada mundialmente en IDEAL Centro de Artes Digitales de Barcelona e que continuará a súa xira mundial hasta 2028 (coincidindo co 200 aniversario do nacimento de Verne).

A experiencia conta con salas expositivas con paneis tradicionais, salas inmersivas 3D de máis de 1.000 m2 de pantalla, experiencias de realidade virtual, intelixencia artificial interactiva, e un innovador metaverso META-VERNE por el que se pode pasear presencialmente por as novelas máis populares de Verne, como “Viaxe ao centro da Terra”, “20 000 leguas baixo dos mares”, “A volta ao mundo en 80 días”, “Robur o conquistador” e “Da Terra á Lúa», entre outras.

O noso intrépido explorador tamén aproveitou para disfrutar das curiosidades Steampunk, literarias e gastronómicas de Barcelona.

Unha viaxe extraordinaria ao metaverso inmersivo de Verne