PROFESIONES DE FUTURO : nuevos Perfiles Profesionales para 2030

G2030 catálogo de profesiones y titulaciones de futuro

PROFESIONES DE FUTURO

 
@RamonSuarez_   co-creando el futuro!!

@RamonSuarez_   :  es un privilegio ser coautor y experto revisor de estos dos magníficos informes:

1. “Catálogo de perfiles profesionales de futuro”  

descargar pdf:  — G2030 Extracto-autorizado RCSA – 122pag

G2030 catálogo de profesiones y titulaciones de futuro

2. “Nuevas titulaciones y especialidades universitarias” 

descargar pdf:  — G2030 Nuevas_Titulaciones_SUG – RCSA 188pag

G2030 nuevas titulaciones universitarias

#Galicia2030   GALICIA 5.0    https://galicia2030.es

FEUGA. Fundación Universidad Empresa Gallega y Xunta de Galicia

#cocreacion #futureskills #futureofwork #PowerSkills #STEAM #STEM #eSkills #softskills #talento40 #G2030 #Galicia50 #sociedad50 #industria40 #TransformacionDigital #futuresociety

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia, en colaboración con Feuga, puxo en marcha o proxecto «Galicia 2030: perfís profesionais de futuro e novas titulacións e especialidades universitarias», que desenvolve, a partir dunha análise de prospectiva e tendencias con impacto no emprego de Galicia en 2030, un catálogo de perfís profesionais de futuro, que servirá para definir un conxunto de novas titulacións e especialidades universitarias acordes con estes perfís e coas necesidades e esixencias da sociedade e do mercado vindeiros.

Os cambios e tendencias tecnolóxicas, ambientais e socioeconómicas son e serán unha fonte de creación de emprego cualificado.

 

Este traballo está aliñado coas premisas de expertos en economía, como Paul Krugman, premio nobel neste campo, que concibe a transformación tecnolóxica e dixital non só como un reto, senón sobre todo como una importante oportunidade para xerar maiores taxas agregadas de emprego e elevar o nivel de cualificación das ocupacións.

Nesta liña, existen xa importantes estimacións de emprego futuro cualificado relacionadas coas tendencias tecnolóxicas. Tal é o caso, por exemplo, da intelixencia artificial que, segundo a consultora Gartner, podería crear nos próximos anos máis de dous millóns de empregos netos.

Pero as estimacións futuras verbo do impacto positivo na creación de emprego cualificado van alén do desenvolvemento tecnolóxico, e comprenden tamén outros ámbitos como o ambiental ou o social.

Así, prevese, por exemplo, que a bioeconomía circular sustentable, coa que a Comisión Europea prevé facer fronte aos retos mundiais como o cambio climático, a escaseza de alimentos e o desenvolvemento sustentable, poida xerar un millón de novos empregos verdes para 2030 en Europa.

 

Nos próximos anos, o talento evolucionará e aumentará o seu nivel de cualificación, incrementándose o seu valor.

 

A tecnoloxía e a innovación traen consigo impactos altamente beneficiosos, como a mellora da eficiencia ou o incremento da produtividade, pero tamén retos e problemas que soamente as persoas son quen de solucionar. Nese contexto xorden os perfís profesionais de futuro, estreitamente vinculados ao talento e á cualificación.

O progreso das sociedades avanzadas esixirá, polo tanto, unha constante evolución do talento, e o resultado será o incremento do número de empregos de alto contido cognitivo, con requirimentos de cualificación específica ou especializada.

 

O equilibrio entre a oferta e a demanda de emprego de titulados superiores, nun contexto altamente tecnolóxico e innovador, resulta imprescindible para a mellora da competitividade e o desenvolvemento social.

xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxx